Presentación

Promotores, inxenierías e construtoras de obras públicas e privadas requiren, en cumplimento da Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español e das respectivas lexislacións autonómicas en materia de patrimonio, da elaboración de estudos arqueolóxicos a incluir na tramitación ambiental dos seus proxectos, coa finalidade de obter as pertinentes licenzas ou dar viabilidade administrativa aos mesmos.

Especializada na Xestión do Patrimonio Cultural, A RodA facilita a tramitación de permisos e proxectos, proporcionando aos nosos clientes unha asesoría permanente en relación ás directrices xurídicas e técnicas dictaminadas polas administracións competentes en materia de Patrimonio para cada proxecto, co obxectivo de que se podan executar aplicando, de ser necesario, as medidas preventivas, correctoras ou compensatorias máis axeitadas.